Heráldica

Escudo de Narón

 

 

Bandeira de Narón

 

O Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón foi aprobado por Decreto da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia de 23 de febreiro de 1984, que dispón no seu artigo único: "Apróbase o Escudo Heráldico Municipal do Concello de Narón, da provincia da Coruña, que quedará organizado do seguinte xeito:

Escudo medio partido e cortado.
1º, de ouro, cinco trabas de azur.
2º, de azur, dúas chaves de ouro ligadas e entretidas cos seus aneis en forma de rombos pometeados.
3º, de azur, duas espigas de ouro e sobre elas unha áncora de prata. Ao timbre coroa real cerrada."

As espigas de trigo recordan a antiga economía do Concello de Narón, baseada principalmente na produción de cereais e o traballo da terra. A áncora é símbolo da vida mariñeira deste municipio, que se estende desde o Océano Atlántico ata o fondal da ría de Ferrol.

No xefe do escudo, as trabas son as armas falantes da antiga e poderosa casa de Traba. Os seus Condes fundaron e protexeron o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Pola súa banda, as dúas chaves son o símbolo heráldico do mosteiro de Cluny, xefe da Orde de San Bieito, do que dependeu como priorado o mosteiro, desde o ano 1121 ata o ano 1518. Aos monxes deste mosteiro debemos a valorización e o cultivo de moitas terras do actual Concello de Narón.

 

Historia

 BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA GRAÑA.

 

1. Prehistoria. Neolítico 7. Locación - Condución
2. Protohistoria. Os celtas da Idade de Ferro 8. Séculos XIV e XV
3. Dominación romana 9. A revolta irmandiña
4. Alta Idade Media 10. Idade Moderna - Séculos XVI e XVIII
5. Baixa Idade Media 11. Séculos XIX e XX
6. O Século XIII  

 

No 1837, sobreposto a oito freguesías da Terra de Trasancos (Narón, Xuvia, O Val, Castro, Sedes, Pedroso, Doso e Trasancos) e tomando o nome da parroquia onde se establece a sede municipal constitúese, en Pena Embade, o Concello de Narón, sendo o primeiro secretario D. José Lestache, fillo de D. Juan Lestache natural de Francia, introdutor coa Real Fábrica de fariñas da Ponte de Xuvia e dos muíños industriais galegos no século XVIII, e o alcalde primeiro don Fructuoso de la Grela.

 

ANDRÉS PENA GRAÑA